miércoles, 19 de febrero de 2014

É coma isa canción repetitiva que soa na cabeza, que non che deixa pensar en outra cousa. Que o único que fai e absorver todos os teús pensamentos ata tranformala na canción. Que cando menos o esperas a tarareas, cando vas pola calle, cando cociñas, cando estás a pique de ir durmir. É o único que fai é meterse pouco a pouco máis no teu corazón, no pensamento.

lunes, 10 de febrero de 2014


A miña terra: ista é. Chea de currunchos escondidos ata no sitios máis visitados. A terra que me viu crecer, pasar de ser unha nena sin medo ao mar a ser unha pequena muller chea de medos por errar. Máis a cobardía é algo que pouco a pouco fun deixando no olvido, porque a miña terra enseñoume a pelexar. A loitar polo que quero. Amosoume cos seús atardeceres e noites estreladas que as pequenas cousas realmente importan pero que sempre teño que loitar ao grande. A miña terra: ista é. Terra de choivas, praias por toda a costa. Montes cheos de fadas, meigas e cogomelos onde se esconde David o Gnomo. Esta é a miña casa. O meu fogar. Corme.